InicioEconomíaOs traballadores de Alcoa "satisfeitos" porque teñen traballo "os próximos cinco anos"

Os traballadores de Alcoa “satisfeitos” porque teñen traballo “os próximos cinco anos”

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, tacha de "saída en falso" atrasar a outubro de 2025 a reactivación total da planta de Alcoa en San Cibrao, municipio de Cervo.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, en Cervo, José Antonio Zan, celebrou este luns que o acordo coa multinacional garántelles “o mantemento dos postos de traballo oa próximos cinco anos”.

O persoal da factoría de Cervo acordou, logo dunha votación na que case o 75 por cento estivo a favor, que aceptaban a proposta que lanzara a empresa. “O que se acordou, por referendo, é aceptar a proposta de Alcoa no cal o rearranque de cubas comezará en xaneiro de 2024, só que tardariamos un ano máis en estar ao 100 por cen da produción”, explicou Zan.

Tamén se vincula a iso “un novo forno de cocción, de 109 millóns de euros“. “O cal daría viabilidade a futuro, que é algo que estabamos a desexar”, puntualizou. A isto engádense “unhas barras de comprensión que aumentaría o custo de 12 a 18 millóns de euros e que vai dar moito traballo ás empresas contratistas”.

Todo iso, resumiu Zan, “dános unha viabilidade e sobre todo o mantemento dos postos de traballo para os próximos cinco anos e unha viabilidade a longo prazo”. “O forno de cocción, o anterior durou 40 anos, e este é máis moderno, permitirá exportar a outros países e a outras industrias”, precisou.

Sobre os parques eólicos para fornecer enerxía á planta de San Cibrao, o presidente do comité de empresa puntualizou que hai licitados polo Goberno central cinco de seis e pola Xunta “oito dos 20 que tiñan que aprobar a principios de xaneiro”. “Fáltanos outra tandada parecida de parques da Xunta e do goberno”, resolveu, para seguidamente celebrar que desta maneira “se abriu un marco importante” en canto ao prezo da enerxía.

“SAÍDA EN FALSO” PARA A XUNTA

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, tacha de “saída en falso” atrasar a outubro de 2025 a reactivación total da planta de Alcoa en San Cibrao, municipio de Cervo.

En declaracións á prensa este luns, Conde mandou o seu apoio á decisión “moi difícil” dos traballadores –con respaldo do 73% á modificación do acordo orixinal para a parada das cubas–. “Tanto Goberno como Alcoa non lle deron outra saída aos traballadores que aceptar esta proposta”, apunta.

Temos que ser conscientes todos que estamos ante unha saída en falso, estamos ante un incumprimento por parte do Goberno que non está a garantir un prezo eléctrico competitivo e estamos a falar dun incumprimento de Alcoa que tampouco tivo a capacidade de desenvolver os investimentos comprometidos”, reproba.

E é que considera que este acordo “dá un prazo adicional, pero non dá ningún tipo de alternativa”. “Cremos que hai que pasar das palabras aos feitos”, avisa, pois opina que Goberno e Alcoa deben “responder con feitos á confianza que está a trasladar o colectivo de traballadores”.

Neste sentido, incide en que o Executivo central debe modificar o estatuto de consumidores electrointensivos para que Alcoa compita en igualdade de condicións co resto de empresas de Europa, á vez que demanda á compañía que cumpra cos seus investimentos.

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, celebrou este luns que o acordo coa multinacional garante “o mantemento dos postos de traballo o próximos cinco anos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...